O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, felicitou hoxe o club de baloncesto Amfiv, campión da Challenge Cup 2017, unha copa -aseverou- á excelencia, ao orgullo e ao traballo constante desde hai 35 anos.
Durante a recepción, Feijóo afirmou que se hai algún equipo que demostrou que non se rendeu nunca é este club, un exemplo de afouteza e superación.
O presidente da Xunta deu a en hora boa a toda a afección e aos xogadores, por ser os mellores de Europa. Durante a súa intervención tivo tamén palabras de recoñecemento para Pablo Beiro, fundador deste club, e do que afirmou que “aínda que faleceu hai dous anos, segue tendo un lugar destacado no equipo”. Feijóo salientou a súa dedicación e implicación para poñer en valor o baloncesto en cadeira de rodas.
Dous dos xogadores máis destacados durante o campionato foron dous miñoráns, Berni Costas, capitán do equipo, natural de Vincios e residente en Baiona, e Julio Vilas, natural de Sabarís.






