As Cantareiras de Ardebullo visitan Gondomar

O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado 20 de maio ás 20:00 horas o espectáculo “As Cantareiras de Ardebullo”, incluído na programación organizada pola Concellería de Cultura.

O universo de Ardebullo, coa Conexa (a súa nai, e doutras tantas fillas), o Padre Nicanor ou Pepe de Rumbo como protagonistas, ten feito rir a moita xente durante a última década. Tanto, que a Televisión de Galicia decidiu lanzar en 2013 o propio programa das Cantareiras, “A Casa da Conexa”, que acadou altas cotas de audiencia no prime-time da canle autonómica.

O prezo da entrada será de 3,50 euros.