Pepe Oltra e Laura Quetglas proclámanse campións de España de Paddlesurf en Baiona

Baiona acolleu o pasado fin de semana o Campionato de España de Paddlesurf con máis de cen competidores e o maior nivel da historia. Pepe Oltra e Laura Quetglas fixéronse merecedores do título nacional tras a proba celebrada, por terceiro ano consecutivo, en augas da Baía de Baiona.

A proba de Longa Distancia na categoría masculina foi unha pelexa pechada entre un pelotón de oito competidores, encabezados polo navarro Román Frejo, que se escapaban do resto impoñendo un ritmo moi forte. A metade de carreira foi o mallorquino Pau Ybarra quen colleu as rendas do grupo e realizou unha nova selección, agora con tan só catro participantes para disputar o campionato ata a penúltima ciaboga. No último tramo, o menorquín Pepe Oltra arrancou nun sprint ata a meta e só púidolle seguir de preto Pau Ybarra. O podio pechábao o vasco Jurgui Zulaika.

Na categoría feminina, Laura Quetglass (bronce no mundial 2016) non tivo rival desde o inicio da proba e escapouse en solitario completando o trazado sen oposición. Tras ela entrou a local Marta Abruñedo e completou o podio a mallorquina Silvia Canudas.

Como sorpresa cabe destacar a segunda posición obtida polo club local no medalleiro. O Waira Club Galego de Surf empatou en ouros (10) e bronces (3) co gañador, o Mar Balear, cunha diferenza de tan só tres pratas (9-6).

Refachos de vento de 24 nós

Nesta edición a proba de Longa Distancia disputouse con condicións meteorolóxicas moi adversas (ventos con refachos de 24 nós) e unha vez máis a Baía de Baiona demostrou que é unha aposta segura e a clave para sacar a proba adiante nestas circunstancias. A organización acertou ao variar o trazado da proba, de forma que todo o percorrido queda ao abrigo do Porto de Baiona, que ofreceu unhas condicións ideais para a competición.

En canto á proba de Carreira Técnica (consistente nun sinuoso circuíto que discorre entre ciabogas e porteos) celebrouse na praia da Ladeira, protexida dos ventos de compoñente sur que sopraban e que ofreceu un espectáculo moi emocionante, xa que todas as categorías foron moi disputadas. En categoría feminina, de novo alzábase coa vitoria Laura Quetglas, mentres que en categoría masculina era Toni Martí o que quedaba co ouro.

RESULTADOS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SUP-PADDLEBOARD BAIONA 2017