A Asociación Chandebrito 1807 organiza unha xornada de iniciación ao enxerto

Ante o éxito no número de participantes e a gran demanda de actividades similares organizadas anteriormente, a Asociación Veciñal e Cultural Chandebrito 1807 convoca un novo curso de iniciación ao enxerto de froiteiras, previsto para o vindeiro luns día 9 de marzo, en horario de 19:00 a 21:00 horas, na escola infantil de Chandebrito.

Para participar nesta actividade será preciso solicitalo por escrito antes do 6 de marzo ás 15:00 horas, podendo realizalo por correo electrónico ao enderezo chandebrito1807@gmail.com, indicando o nome e apelidos, número de teléfono, lugar de residencia e correo electrónico.

O temario do curso, que ten un custo de 5 euros e será impartido por Jose Luis Alonso, inclúe os fundamentos básicos do enxerto, materiais e ferramentas necesarias, recollida e conservación de pugas, afinidade patrón-enxerto, enxertos prácticos e seguimento e coidados.