Ismael Cabrera, do Baíña FS, convocado para xogar coa selección de Vigo no Campionato Galego

FOTO: BAÍÑA FS // Ismael Cabrera, de pé, cuarto pola esquerda.

O xogador do Baíña Fútbol Sala Ismael Cabrera Portela foi convocado para xogar coa selección de Vigo o Campionato que terá lugar en Baiona este mércores.

Ismael é xuvenil de primeiro ano e forma parte do equipo de Liga Galega do Baíña Fútbol Sala. Este ano logrou facer máis de 20 goles nesta difícil categoría.

Esta convocatoria vén reforzar unha vez máis o traballo do Baíña, que ano tras ano consegue ter algún representante nestes campionatos.

O torneo celebrarase no Pavillón Municipal de Baiona e reunirá aos mellores xogadores de Galicia de categoría xuvenil. Pola mañá será a fase grupos e pola tarde as finais. Ás 18 horas xogarase a gran final.