Os alumnos do colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros, en Gondomar, recibiron este luns unha charla sobre ornitoloxía impartida por Francisco Javier Rodríguez Penedo. “É bo que nos coñezan, o que facemos é difundir a nosa afección. Grazas ao director e profesores polas atencións e ao Concello de Gondomar por contar connosco para este tipo de actos”, sinalou. As charlas están organizadas por ACAE-Galicia, a Federación Ornitolóxica Galega, Aviornis Ibérica e neste caso o Concello de Gondomar.
Os alumnos do colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros coñecen o mundo da ornitoloxía

