Homenaxe a Carlos Casares no Auditorio Lois Tobío de Gondomar

O mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Instituto de Estudos Miñoráns e o Concello de Gondomar, a través da Concellería de Cultura, homenaxearán a Carlos Casares, miñorán de adopción, cun acto amenizado polo grupo musical, nesta ocasión en formato trío, 2naFronteira (cuxo amplo repertorio incluirá algún poema do escritor celebrado) e dirixido por Marta Dacosta, que irá dando paso a outras actividades, entre as que sobresae a lectura pública de textos do autor homenaxeado. Cómpre tamén salientar a proxección do vídeo “Do Vilariño ao Carlos Casares”, elaborado polo alumnado e o profesorado do CEIP Carlos Casares, de Vilariño (Nigrán). O acto comezará ás 19:30 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío, de Gondomar.

Anuncios