Concerto homenaxe a Carlos Casares do Conservatorio de Música de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR

Este martes día 16 de maio ás 19:00 horas, a Concellería de Cultura e o Conservatorio Elemental de Música de Gondomar festexarán o Día das Letras Galegas cun concerto dedicado ao escritor Carlos Casares, miñorán de adopción, en colaboración cos alumnos do CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán). O concerto, que se celebrará no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, contará coa estrea da obra «Amemos» para coro e orquestra, con texto de Carlos Casares e composición de Patricia Goberna.