Anuncios
Ticker de novas

Bota a andar en Gondomar o Programa de Vivendas Baleiras

Dende a Concellaría de Urbanismo, Patrimonio e Dereito á Vivenda de Gondomar, informan que xa está operativo no Concello o “Programa de Vivendas Baleiras” en colaboración co IGVS da Xunta de Galicia.

Aquelas vivendas baleiras cuxos propietarios decidan ou queiran incorporarse ao devandito programa, xa poden facelo informándose ou recollendo os impresos nas oficinas da Concellaría de Urbanismo, entrando na web oficial do Concello de Gondomar ou, no propio IGVS.

“Este é un feito de moita relevancia social pois, a maiores de favorecer o acceso a una vivenda digna a todas aquelas persoas que o mercado libre non llelo permite, axuda a fixar poboación xoven en Gondomar e, tamén a rebaixar a especulación e os prezos abusivos dos alugueiros”, destaca Antonio Araúxo.

A icorporación de vivendas a este programa conta co aval e as garantías (tanto para propietarios como para as persoas interesadas no alugueiro) de estar supervisado polo IGVS e do propio Concello de Gondomar. Asemade, tanto os propietarios das vivendas como as persoas alugadas, poderían ter acceso a diferentes axudas ou execcións de taxas e impostos, tanto da Xunta de Galicia coma do Concello de Gondomar.

“Se temos en conta que máis do 10% dos fogares galegos chegan con dificultade a final de mes, sendo os gastos do alugueiro da vivenda a causa principal dese problema, que en moitos casos consume máis do 30% dos ingresos da familia, entedemos que este programa pode axudar a paliar esta problemática saíndo gañando todas as partes, polo que animamos aos propietarios de vivendas baleiras do noso Concello a acollerse a este programa”, conclúe o concelleiro.

Anuncios