Xornada informativa das axudas do GALP e de sensibilización ambiental en Nigrán

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Vigo-A Guarda organiza o próximo venres 19 de maio ás 19:00 horas unha xornada de presentación de axudas e sensibilización medioambiental no Auditorio de Nigrán.

O equipo técnico do GALP explicará a convocatoria de axudas e a súa estratexia de desenvolvemento local participativo.

Destinado a xente do mar, emprendedores en actividades vinculadas ao mar, sectores auxiliares da pesca, asociacións e público en xeral. É precisa a inscrición previa ata o día 15 de maio, no teléfono 986 358 109 ou no correo galpvigoaguarda@yahoo.es.

Programa
18:45 Recepción asistentes.
19:00 Presentación da orde de axudas e estratexias de desenvolvemento local participativa. Elena Herbello.
19:15 Quédanse os contaminantes dentro da ría de Vigo?. Ricardo Prego (IIM-CSIC).
19:45 Usos comerciais das algas autóctonas de Galicia. Ana Belén Antelo.
20:15 Mesa redonda.