Anuncios
Ticker de novas

O Cereixa proclámase subcampión de liga tras a vitoria pola mínima do Lume

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Non puido ser, o triunfo pola mínima do Lume fronte ao Quinta Xestión (2-1), deu o título aos de Vigo.

O gol average particular decantou a liga en contra do Cereixa FS despois de perder 6-2 no CUVI e dobregarlles por 3-1 en Gondomar.

Non houbo equipo que fixese máis puntos, gañase máis partidos e anotase máis goles que o Cereixa Gondomar FS; números que normalmente dan unha liga pero esta vez non alcanzou… Os de Vincios felicitan ao rival e pensan xa na Copa Autonómica que lles enfrontará ao Culleredo en dobre partido.

“Simplemente grazas. Grazas ao equipo, aos adestradores, á afección e a todos os que facedes que o Cereixa Gondomar FS siga escribindo unha magnífica historia”, sinalan desde o equipo dirixido por Rafael Salqueiro Troncoso e Nacho Troncoso Quintas.

Anuncios