Dúas persoas resultaron feridas esta tarde en Nigrán nunha colisión na que se viron implicados dous coches. En concreto, os feitos tiveron lugar na PO-552, á altura de Priegue.
Unha persoa particular contactou co 112 Galicia ás 18:00 horas desta tarde para dar conta do sinistro. Segundo indicou, un dos vehículos implicados estaba a entorpecer a circulación na zona.
O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Urxencias Médicas, ao GES do Val Miñor, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

