O Concello de Gondomar acolle a exposición dos traballos do certame de fotografía “Viaxando”

Do 16 de maio ao 8 de xullo, o Concello de Gondomar acollerá a exposición de fotografías presentadas polos participantes ao 10º Certame Fotográfico Viaxando do ano 2016, un total de 19 fotos.

Un total de 19 fotografías compoñen a mostra, presentadas por doce mozos e mozas dos concellos de Baiona, Gondomar, Tomiño, Salceda, O Rosal, A Guarda, Porriño e a Casa de Xuventude de Tui.

A actividade está organizada polas oito OMIXs do Baixo Miño e Val Miñor e pola Casa de Xuventude de Tui nun traballo en coordinación. É un certame cunha traxectoria que se vai afianzando e sendo un referente para a mocidade con interese pola fotografía.

A gañadora do premio do 10º Certame é Cristina Araújo Acevedo coa foto “ La frontera entre el cielo y la tierra”.