I BTT Bicivoadores Val Miñor en Camos

FOTO: BICIVOADORES VAL MIÑOR // II BTT Montecastelo.

Este sábado día 13 de maio celebrarase a I BTT Bicivoadores Val Miñor, non competitiva, cun percorrido de 40 km e dificultade media. Tamén haberá unha andaina de 12 km gratuíta.

A saída será ás 9:30 horas desde a Rúa dos Barreiros (Capela de San Roque) en Camos, Nigrán. Os inscritos poderán recoller os dorsais este venres no Centro Cultural A Camoesa de 18:00 a 21:00 horas ou o mesmo día da proba na saída de 8:00 a 9:00 horas.

O Club Deportivo Bicivoadores Val Miñor, organizador da marcha, doará 1 euro dos 10 que custa a inscrición á Alianza Española de Familias de Von Hippel-Lindau, considerada unha enfermidade rara canceríxena.