Gondomar tramita as solicitudes para o Programa de Turismo Social do IMSERSO

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Turismo Social do IMSERSO para a tempada 2017-2018.

Poderán acceder a este programa as persoas residentes en España que reúnan os requisitos esixidos, entre eles o de ser pensionista, perceptor de prestación ou subsidios con sesenta anos cumpridos, pensionista de viuvez con cincuenta e cinco anos, ou asegurado ou beneficiario do sistema de Seguridade Social, con sesenta e cinco anos ou máis.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o día 9 de maio ata o 7 de xuño de 2017. As persoas interesadas poderán informarse no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura, e presentar a súa solicitude.