Festival solidario a favor de Manos Unidas en Baiona

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Grupo de gaitas A Seneira de Baiona.

Este sábado día 13 de maio celebrarase no Auditorio V Centenario de Baiona un festival solidario a favor de Manos Unidas. Participará o grupo de corda Baiona Bay, o grupo de danza infantil e xuvenil do Centro Do-Majo da Guarda, o grupo de música dos anos 60 Rock Q Mola, o grupo de danza Dando la Nota de Baredo e o grupo de gaitas A Seneira de Baiona. Tamén haberá poesía coas voces de Ángela e Nuria, que lerán relatos sacados do libro “Voz en el silencio” e a actuación en directo da artista Paula Madero, cantante e colaboradora no programa “Levántate y Cárdenas” de Europa FM. Durante o festival, que comezará ás 18:00 horas, realizaranse sorteos de premios cedidos polas firmas colaboradoras.

Anuncios