Anuncios
Ticker de novas

Charlas sobre ornitoloxía nos colexios de Gondomar

O vindeiro luns día 15 de maio alumnos do colexio Xosé Neira Vilas de Peitieiros, en Gondomar, recibirán unha charla sobre ornitoloxía. ACAE-Galicia, a Federación Ornitolóxica Rexional Galega e Aviornis Ibérica colaboran e organizan estas citas ornitolóxicas co fin de divulgar e transmitir esta afección comezando polos colexios, coa colaboración do Concello de Gondomar.

“O futuro temos que preservalo e que mellor forma que ensinando ás nosas seguintes xeracións que a cría en catividade é outra alternativa ao conservacionismo”, sinalan.

Anuncios