
O laroqueiro Artai Bringas proclamouse segundo clasificado na categoría absoluta no XVII Torneo de Xadrez Concello da Guarda celebrado o pasado sábado. O gondomareño, que partía no ranking inicial na posición 13, acadou a segunda praza con 6,5 puntos de sete posibles, soamente cedeu unhas táboas na rolda cuarta ante o mestre fide Rubén Cenal.
Nesta categoría, a laroqueira Mireya Represa acadou a cuarta posición da xeral e primeira feminina. Partindo do posto 14 do ranking. Mireya conseguiu 5,5 puntos de sete posibles cedendo unha derrota e unhas táboas.