I Ruta Cabalar de Vincios

FOTO: PEPE COSTAS

A Comisión de Festas Santa Mariña de Vincios organiza a súa primeira ruta cabalar o vindeiro domingo 28 de maio, con saída desde a taberna da Comisión ás 9:30 horas, petisco a metade de camiño e gran churrascada ao finalizar. O prezo para participar é de 16 euros (12 euros para os menores de 12 anos). Para anotarse hai que chamar ao teléfono 634 648 588.