Anuncios
Ticker de novas

César Otero e Cristina Torres, vencedores en Nigrán do I Tríatlon Illas Estelas

FOTO: PEPE COSTAS // César Otero.

César Otero (Olímpico de Vedra) e Cristina Torres (Mar de Vigo) proclamáronse hoxe en Nigrán vencedores do I Tríatlon Illas Estelas, que reuniu a un total de 340 deportistas.

Foi unha xornada espectacular, con máis de vinte grados de temperatura e un día despexado e estival. Así, na carreira masculina, a proba estivo moi competida ata o final con varios triatletas con opcións ao triunfo. Así, Cesar Otero decidiu a súa vitoria no terceiro segmento, na carreira a pé, na que acadou o mellor tempo de todos os competidores. Así logrou o triunfo cun tempo final de 1:02:06, mentres que segundo foi Jacobo Crego (Olímpico de Vedra) a só 8 segundos do seu compañeiro. A terceira posición foi ocupada por Agustín Ríos (Tríatlon Rías Baixas) cun tempo de 1:02:22.

CRISTINA TORRES, GAÑADORA DO I TRÍATLON ILLAS ESTELAS

FOTO: PEPE COSTAS // Cristina Torres.

Na proba feminina, Torres fixo unha proba moi regular estando sempre nas primeiras posicións. Despois de facer o mellor parcial na bicicleta, ocupaba a primeira posición na T-2 e na carreira a pé foi regulando forzas para chegar á meta como vencedora cun tempo final de 1:14:58. A segunda posición foi para Cristina García (Tríatlon Motobike Galaico) a 26 segundos, e o bronce para María del Camino Carballeira (licenza dun día), xa moi afastada.

A proba celebrouse sobre a distancia sprint, con saída dende a praia de Panxón (750 metros de natación, 19,5 quilómetros de ciclismo e 5 de carreira a pé).

CLASIFICACIÓNS I TRÍATLON DESAFÍO ILLAS ESTELAS

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios