Xa se poden solicitar prazas de comedor escolar e axudas para material en Gondomar

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, que dirixe a Concelleira Rocío Cambra, abre o prazo de presentación de solicitudes de prazas de comedor escolar para alumnos/as matriculados nos CEIP do municipio para o próximo curso escolar 2017-2018.

Do mesmo xeito, abre tamén o prazo de presentación de solicitudes de Axudas de Emerxencia Social, para a adquisición de material escolar de Educación Infantil, dirixidas ás familias con escasos recursos económicos, para o curso 2017-2018 destinadas a alumnos matriculados nos centros escolares do Concello.

As familias interesadas poden recoller as solicitudes no Departamento de Benestar Social do Concello dende o 8 de maio ata o 12 de xuño.

Anuncios