24 empresas optan a construír o Centro de Saúde de Gondomar

A Xunta de Galicia, por medio da Axencia Galega de Infraestruturas, adxudicará e comezará durante o verán as obras de construción do centro de saúde de Gondomar. Á realización desta obra foron admitidas un total de 24 empresas.

Cómpre destacar que a Xunta de Galicia vai destinar preto de 3 millóns de euros para a execución da obra de construción, cuxo Programa funcional inclúe unha área de medicina xeral con 12 consultas; unha área de pediatría con dúas consultas; ademais de unha zona destinada para o traballador social e salas polivalentes.

Ademais, o centro contará cunha área de administración con almacéns e outros servizos comúns. A superficie total do centro será superior aos 1.600 metros cadrados.

A construción do centro suporá que tanto os profesionais como os pacientes e usuarios terán una infraestrutura moderna e adaptada ás súas necesidades, dando unha mellor resposta ás necesidades de saúde, presentes e futuras, dos veciños deste concello.