O IV Rally do Descubrimento finalizará este sábado en Nigrán

A Escudería Vigo Clásicos organiza este sábado 6 de maio o IV Rally do Descubrimento – Gran Premio Galfrío, evento de regularidade non deportiva dirixido a vehículos anteriores ao 1 de xaneiro de 1971 (ou aqueles vehículos cuxa primeira unidade do modelo sexa anterior a esa data), na que tratan de coidar tanto a parte deportiva como a parte social, con bonitos sitios para poder gozar entre amigos.

Haberá dúas medias: unha normal, adaptada aos vehículos dos anos 50 e 60; e outra máis baixa, adaptada para os vehículos máis antigos. Os vehículos máis antigos contarán con dous tramos de regularidade menos que os vehículos máis modernos.

O evento sairá da céntrica Porta do Sol de Vigo ás 11 da mañá, despois de varios tramos, pararase para comer no Restaurante Catavento, na localidade de Ponteareas. Tras a comida e despois duns cuantos tramos finalizarase na localidade de Nigrán. A cea de entrega de premios realizarase no precioso Pazo de Cea, declarado Monumento Histórico e Ben de Interese Cultural.

Para facer máis «levadío» o día, haberá unha parada a media mañá e outra a media tarde. Tamén se premiará ao equipo mellor ambientado.