Curso de monitor acompañante de transporte de persoas con mobilidade reducida en Gondomar

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, segue coa programación formativa dirixida á mocidade para que acaden uns coñecementos útiles e diferenciadores de cara a súa inserción laboral.

A partir do 1 de xuño dará comezo o curso de monitor/a acompañante de transporte de persoas con mobilidade reducida.

Os participantes desenvolverán durante 30 horas un programa teórico no que tratarán a normativa reguladora, tipos de transporte e requisitos, transporte de persoas con mobilidade reducida, etc. e un programa práctico no que traballarán control de rampla de accesos, coñecemento dos puntos de ancoraxe, subida e baixada das persoas con mobilidade reducida, primeiros auxilios e uso de desfibriladores.

A preinscrición terá lugar do 8 ao 28 de maio e pode realizarse presencialmente recollendo a documentación na OMIX de Gondomar ou a través da sede electrónica do Concello de Gondomar. Terán preferencia os mozos e mozas de entre 18 e 40 anos do Concello de Gondomar. O curso será gratuíto e comezará o 1 de xuño rematando o 14 do mesmo mes, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

Máis información sobre o curso e inscricións na OMIX, teléfono 986 369 746 ou no correo electrónico omix@concellodegondomar.com.

Anuncios