Ciclismo Oiense organiza unha andaina polo Camiño Portugués da Costa entre Oia e Baiona

FOTO: CONCELLO DE BAIONA

Abertas as inscricións para a Andaina “Camiño Portugués da Costa”, a etapa entre Oia e Baiona, que se celebrará o domingo 28 de maio, organizada por Ciclismo Oiense coa colaboración dos Concellos de Oia e Baiona e a Deputación de Pontevedra.

A saída será ás 10:00 da mañá desde o Mosteiro de Oia para percorrer 25 kms, de dificultade media. O percorrido continuará ata a ponte románica da Ramallosa, pasando polo porto de Mougás con parada e charla informativa por Manuel A. Pombal.

Os participantes seguirán cara á vía romana da estrada vella para chegar a Baredo sobre as 14:00 horas. Na contorna da Cela repoñerán forzas cunha comida campestre a base de empanada caseira, froita e bebida, co acompañamento do grupo de gaitas Ventiscas do Peirado.

Ao finalizar, continuarán a andaina para chegar a Baiona. En Santa Liberata, parada e charla informativa. Continuarase ata Sabarís para visitar o Mercado Medieval con motivo do seu 520 aniversario e despois finalizará á altura do cruceiro de San Telmo na ponte románica de A Ramallosa.

Debido ao carácter lineal do percorrido da andaina, haberá autobuses con saída na Ramallosa ás 9:15 horas que recollerán aos participantes da zona de Nigrán e Baiona para achegalos á saída de Oia. Sobre as 19.00 horas regreso dos participantes da zona de Oia.

O prezo da inscrición é de 10 € con dereito ás prestacións mencionadas, seguro, guías e todoterreo de apoio. Debido a que as prazas son limitadas é necesario realizar a inscrición antes do 26 de maio en ciclismooiense@gmail.com ou no WhatsApp 666 609 410, achegando: nome, apelidos e número de DNI, enviando foto do xustificante do ingreso bancario na conta de Ciclismo Oiense do banco Pastor-Popular: É 65 0238 8336 41 0600001397.