A Comisión de Festas de Donas organiza unha ruta cabalar con churrascada

A Comisión de Festas de Donas organiza o sábado 6 de maio unha ruta cabalar. A saída será ás 16:00 horas desde o Centro Cultural con pincho á metade percorrido. A partir das 22:00 horas haberá unha gran churrascada con copa gratuíta, música e sorteos entre todos os asistentes. As inscricións, cun prezo de 17 euros (nenos ata 12 anos 12 euros), poderán facerse no teléfono 626 87 94 97 ou no Bar do Centro Cultural.