
A Policía Local de Nigrán, sobre as 20 horas do pasado un de maio, observou pola zona, fronte á Praia de Patos, Panxón, unha motocicleta que circulaba de maneira irregular, procedendo a identificar o seu condutor.
O condutor, un home de mediana idade, no momento de solicitarlle a documentación, desprendía unha halitosis alcohólica considerable, polo que se realizan as probas correspondentes para determinar o grao de impregnación alcohólica.
O condutor informou que “tan só había bebido dúas cervexas”, dando finalmente un resultado positivo de 1,27 mg/l en aire expirado, cinco veces por encima do legalmente establecido (0,25 mg/l) e superando o máximo permitido penalmente (0,60mg/l), motivo polo que se instruíron dilixencias xudiciais, para dar coñecemento, sobre un presunto delito contra a seguridade viaria, á autoridade competente. Sendo inmobilizado e retirado o vehículo da vía pública, por parte do guindastre municipal.