Operarios municipais de Baiona limpan e pintan os bancos do paseo marítimo

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Limpeza dos bancos de madeira do paseo marítimo de Baiona.

Operarios municipais do departamento de Vías e Obras do Concello de Baiona fixeron nos últimos días labores de limpeza e pintado de todos os bancos de madeira situados no paseo marítimo. Ademais, tamén realizaron pequenos traballos de mantemento no paseo que complementan os xa feitos polos servizos de Electricidade para o pintado de farois.