Sin categoría

O Concello de Nigrán organiza un curso de iniciación á cociña e gastronomía uruguaia

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza un curso de iniciación á cociña e gastronomía uruguaia. O curso é gratuíto e desenvolverase os vindeiros días 8 e 10 de maio no Colexio de Educación Especial de Panxón, de 18.00 a 19.30 horas. Está previsto para 15 participantes e terán preferencia as persoas empadroadas en Nigrán. As persoas interesadas poderán inscribirse dende mañá 4 de maio ata o día 8 de maio no Servizo de Atención ao Cidadán, teléfono 986 365000, en horario de 8.00 a 15.00 horas.