O Centro Cultural de Baíña organiza unha excursión de 3 días a Cantabria

O Centro Cultural e Social de Baíña organiza unha excursión de 3 días a Cantabría do 24 ao 26 de xuño. A viaxe inclúe visita á cidade de Comillas, ao Parque Natural de Cabarceno, onde se atopan especies de animais dos cinco continentes nunha contorna natural e de semiliberdade, e a Santillana del Mar, unha das localidades con maior valor histórico-artístico de España.

A viaxe inclúe percorrido en autocar de luxo conforme ao itinerario, estancia de dúas noites de hotel en réxime de pensión completa, seguro turístico de viaxe, visitas con guía local, comida en ruta e entrada ao parque de Cabarceno.

O prezo é de 176 € por persoa en habitación dobre para os socios e de 190 € para os non socios. Máis información no teléfono 986 357 195 de martes a venres de 17 a 20 horas.

Anuncios