Aberto o prazo de inscrición no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Concerto do Conservatorio de Gondomar.

Durante todo o mes de maio estará aberto o prazo de inscrición para o acceso ao Conservatorio Elemental de Música de Gondomar. Poderase escoller entre varios instrumentos como clarinete, saxofón, violín, viola, guitarra ou piano, e actividades complementarias como Orquestra e Coro. Máis información nos teléfonos 986 360 746 (mañás) ou 986 389 283 (tardes).

Anuncios