Sin categoría

Máis de 130 riders de toda Galicia disputaron o Campionato Júnior de Surf e Bodyboard en Patos

O pasado fin de semana -domingo 30 de abril e luns 1 de maio- tivo lugar o Campionato de Surf Concello de Nigrán na praia de Patos. A proba máis antiga de surf júnior en Galicia, organizada desde hai 15 anos por Prado Surf Escola en colaboración coa Federación Galega de Surf e o Concello de Nigrán.

Este ano contaron coa presenza de máis de 130 inscritos procedentes de toda Galicia. Riders de Lugo, A Coruña, Ribeira, Pontevedra, Vigo e Nigrán, que disputaron en condicións óptimas esta mítica proba de Surf e Bodyboard do circuíto galego sub 18/16/14/12.

PALMARÉS

Surf sub 12 masculino
Alejo Ferreiro 1*
Sebastián Bamonde 2*
Samuel Martínez 3*
Martín Fernández 4*

Surf sub 14 masculino
Alejo Ferreiro 1*
Manuel Fernández 2*
Paul Boneil 3*
JSebastián Bamonde 4*

Surf sub 14 feminino
Judith Soto 1*
Pilar Viana 2*
Carla González 3*
Candela Vilariño 4*

Surf sub 16 feminino
Lola Bermúdez 1*
Carlota Barreras 2*
Carlota Caramelo 3*
Judith Soto 4*