Cinco patinadores do CPA Gondomar sóbense ao podio no Campionato Provincial

FOTO: CPA GONDOMAR

Bo balance para o Club Patinaxe Artístico Gondomar na súa participación no Campionato Provincial de Cadete a Sénior que se celebrou este sábado no Pavillón do Carmen (Travesas) organizado polo Club Castrelos.

O club gondomareño contou con 6 representantes na modalidade de libre masculino e feminino. Na categoría júnior Iria Boullosa foi primeira, Alba Franco segunda e Denis Alonso terceira. Xosé Andrés Cruz e María Balboa subíronse ao segundo posto do podio en cadete e Andrea López acabou 5ª en xuvenil.

Próxima parada o campionato autonómico, que se celebrará o próximo mes de maio.

Anuncios