Tras a elección de destinos do pasado sábado 26 de outubro, os/as 31 médicas/os de atención primaria que tiñan aprobada a OPE (Oferta pública de Emprego) e traballan na actualidade na área de Vigo, optaron todos eles por quedarse na área viguesa, sen perder por tanto a ningún efectivo. Ademais, se incorporan 10 médicos máis, 9 da OPE e 1 do Concurso de Traslados na nosa área, o que supoñerá un importante incremento de persoal estable, pasando dunha porcentaxe de 73,20% a 82,36% de persoal fixo na categoría de médico de familia.
Os postos elixidos foron en Puntos de Atención Continuada de Val Miñor, Redondela, Cangas-Moaña, Cañiza, A Garda, Porriño e Tui. En centros de saúde, o de Pintor Colmeiro, Doblada, A Guarda, Cangas, Coia, Salvaterra de Miño, O Rosal, Casco Vello, Moaña, Gondomar, Ponteareas, Teis, Tui, O Porriño e A Guarda.
Máis prazas e novos médicos
A estas novas incorporacións hai que engadirlle as 3 novas prazas creadas de médico de familia en Coia, Lavadores e Ponteareas do Plan Galego de Atención Primaria que se incorporan o vindeiro luns dia 4 de novembro. Ademais, nos próximos meses o SERGAS dotará a Vigo de máis prazas de médico de familia de nova creación, entre 4 e 6. A incorporación de novas prazas continuará tanto en 2020 como en 2021.
En definitiva, a área sanitaria de Vigo espera incorporar en vindeiras datas, empezando este mesmo luns, entre 7 e 9 facultativos a prazas de nova creación, ademais dos 10 facultativos que se incorporan a OPE de outras areas, sendo unha das incorporacións mais importantes nos últimos anos. Para o emprazamento das novas prazas priorizarase, entre outros criterios, a existencia de prazas docentes no centro de saúde .
Nestes días tamén se incorporan dous facultativos que ata agora non estaban no SERGAS no novo contrato de continuidade, acadando agora mesmo un total de 8 contratos deste tipo .
A consellería de Sanidade esta a realizar un importante esforzo na xestión dos Recursos Humanos, co obxecto de darlle estabilidade laboral aos profesionais establecendo os procesos selectivos pertinentes para dotarlles de vinculo fixo, así como incrementar as prazas dos cadros de persoal dos centros de saúde.

