Sin categoría

Abertas as inscricións para o Campionato de España de SUP e Paddleboard Baiona 2017

A Federación Española de Surfing xunto co Club Galego de Surf, grazas ao apoio de Waira, Starboard e o Concello de Baiona, presentan o Campionato de España de SUP Race e Paddleboard na súa tempada de Inverno 2017. Este evento terá lugar na localidade de Baiona os próximos 13 e 14 de maio.

Disputaranse as modalidades de Longa Distancia e Carreira Técnica para as disciplinas Stand Up Paddle e Paddleboard. Poderán participar as categorías oficiais 14′, 12’6», 11’6», Sub18, Sub16, Sub14 (masculino e feminino en todas elas) e Paddleboard 10’6» (masculino e feminino). Tamén poderá competir a categoría non oficial Amateur con calquera táboa, sen ránking e efectuando o percorrido curto (máximo 8 km) do mesmo xeito que as 11’6».

As inscricións permanecerán abertas ata o 12 de maio ás 15:00 horas. O prezo das mesmas será de 50 € para Adultos Longa Distancia + Carreira Técnica, de 40 € para Adultos 1 carreira, de 25 € para Sub18 e de 25 € para Amateur (sen ránking, inclúe licenza para o evento).

Os competidores do Campionato de España, salvo a categoría Amateur, deben posuír licenza federativa 2017 (FES, Galicia, Asturias, Cantabria ou Canarias). A categoría Amateur terá unha licenza para o evento.

Para inscribirse, os competidores do Campionato de España deben cubrir completamente o formulario web de inscrición da proba, realizar o pago da inscrición na conta do organizador (Nº Conta Club Galego de Surf: IBAN ES88 2100 4790 4102 0014 4061), e enviar copia do xustificante de pago ao email do organizador (campeonatosup@gmail.com). Os menores de 18 anos deben levar á proba o modelo de autorización paterna xunto á copia do DNI do que asina a autorización. Os competidores Amateur deben enviar un email cos seus datos directamente á organización e facer o pago da inscrición.

Máis información no correo electrónico campeonatosup@gmail.com, no teléfono 615 138 200 ou no Facebook http://www.facebook.com/campeonatosup.