Sin categoría

Teatro e maxia en Gondomar co Sherlock Holmes de Cayetano Lledó

Este sábado 29 de abril continúa a programación cultural do Concello de Gondomar co espectáculo “Sherlock Holmes”, unha obra de teatro e maxia de Cayetano Lledó que comezará ás 20:00 horas no Auditorio Lois Tobío. O prezo da entrada é de 2,50 euros.

O famoso detective Sherlock Holmes tentará resolver outro emocionante caso. As xoias da Mansión dos Patterson foron roubadas. Sospéitase de todo o persoal que traballa na casa, de todo aquel que estivera polas proximidades da Mansión o día do roubo. Coa axuda do público o famoso detective tentará descubrir ao culpable e recuperar as xoias.