A Praia de Patos acolle o Campionato de Surf Concello de Nigrán

A Praia de Patos acolle o domingo 30 de abril e o luns 1 de maio o Campionato de Surf Concello de Nigrán, 1ª Proba Júnior de Surf e Bodyboard, organizada pola Federación Galega de Surf e Prado Surf.

Participarán as categorías de Surf Sub-12 mixto, Sub-14 feminino, Sub-14, Sub-16 feminino, Sub-16, Sub-18 feminino e Sub-18 e as de Bodyboard Sub-16 e Sub-18.

O prezo das inscricións, que se pecharán o xoves 27 ás 20:00 horas, é de 15 €/categoría para os competidores que asistan “con técnico” (Escolas Oficiais FGS), e de 25 €/categoría para os que asistan “sen técnicos” (Club/Sen Club). Se deben abonar tantas inscricións como categorías nas que se compita. Poden realizarse online: http://goo.gl/forms/3ZCqUQRWBu

O xoves revisarase a previsión para confirmar que o campionato se realiza, e o venres publicarase na web da Federación se finalmente se realiza a proba e os horarios provisionais.

Anuncios