O Cereixa Gondomar Fútbol Sala celebrou este sábado o seu primeiro acto en conmemoración do 25 aniversario do club. Os xogadores que forman e formaron parte do equipo durante a súa existencia, técnicos e adestradores, representantes do goberno municipal así como todas as entidades parroquiais e colaboradores que fan que o proxecto nado en Vincios sexa posible, reuníronse na Praza do Concello de Gondomar para realizar unha gran foto de familia. Con ela iníciase un programa de actos co que celebrarán o cuarto de século do Cereixa.
O Cereixa inicia os actos conmemorativos do seu 25 aniversario

