Nigrán acollerá os días 29 e 30 de abril a 7ª e 8ª proba da Liga Autonómica de Agility, organizadas pola Federación Galega de Caza, a Xunta de Galicia, Deporte Galego e o Club Agility WeCan. A competición, puntuable para o Campionato de España, desenvolverase no antigo campo de fútbol do Centro Cultural A Camoesa.
Sábado 29 de abril: 7ª Proba da liga Autonómica de Agility
15:00 h. Presentación
15:30 h. Comezo das probas:
1ª e 2ª mangas Grao 1.
1ª e 2ª mangas Grao 2.
Entrega de Trofeos.
Grao 0.
Domingo 30 de abril: 8ª Proba da liga Autonómica de Agility
9:30 h. Comezo das probas:
1ª e 2ª mangas Grao 1.
1ª e 2ª mangas Grao 2.
Entrega de Premios.
Grao 0.
O prazo de inscrición finaliza o 24 de abril. Poderán inscribirse os participantes que estean en posesión da tarxeta federativa da Federación Galega de Caza en vigor e documentación dos cans. O custo da proba por día é de 10 euros o primeiro can e 5 o segundo.
As inscricións realizaranse polo responsable de cada club co documento da listaxe de participantes (guía, nome do can, categoría, grao e celo) ao correo electrónico federación@federaciongalegadecaza.com ou agilitywican@gmail.com.

