Continúa a II Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia con “A vida da tía Lambida”

O IEM continúa este domingo 23 de abril coa programación da II Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia, coa representación teatral da obra «A vida da tía Lambida», adaptación da obra orixinal de Eduardo Blanco Amor a cargo de A Moura do Centro Cultural “A Merced” de Chaín, a partir das 19:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar. A entrada é de balde.

Para finalizar a Mostra, o grupo de O mellor de cada casa sairá a escena o domingo 7 de maio con «A illa deserta», tamén ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío.