Acordeones Mascarenhas ofrece un concerto no Centro Cultural Bolos da Carrasca

FOTO: ACORDEONES MASCARENHAS

O grupo Acordeones Mascarenhas de A Guarda presenta este sábado 22 de abril en Nigrán o seu terceiro disco, co que celebra o seu XX Aniversario. O concerto comezará ás 21:00 horas no Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, onde tamén actuará o grupo de gaitas Garatuxa de Nigrán. O evento está organizado polo Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca, contando coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra.

Anuncios