Sin categoría

A Axencia Galega de Infraestruturas iniciará o martes obras de asfaltado en Baiona

A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, comezará o vindeiro martes, 25 de abril, traballos de fresado e asfaltado en rúas de Baiona.

As obras comezarán pola zona de Sabarís en dirección ao centro da Vila para continuar por toda a rolda litoral do municipio. Os traballos lévanse a cabo a petición do Concello de Baiona co obxectivo de renovar o asfaltado e ter as principais estradas no mellor estado posible cara o verán. En principio estímase que as tarefas durarán dúas semanas e non haberá cortes totais da vía, xa que o tráfico será regulado para evitar atascos.

Ademais, dende este luns, 24 de abril, haberá un corte de tráfico na rúa Carabela Pinta para os traballos de construción das beirarrúas que conflúen coa rúa Cidade de Vigo. As obras enmárcanse na humanización que estase a levar a cabo no centro da Vila.