Concerto de música sacra en Donas

FOTO: CORAL SANTA EULALIA DE DONAS

A Coral Polifónica Santa Eulalia de Donas organiza este sábado día 22 de abril un concerto de música sacra. Ademais do grupo anfitrión, participarán a Coral “Lira” de San Miguel de Oia e o Coro da Agrupación Musical de Vincios. Será ás 20:30 horas na Igrexa de Santa Eulalia de Donas. Colaboran na organización do evento a Comunidade de Montes, o Centro Cultural, a Parroquia de Santa Eulalia de Donas, a Deputación de Pontevedra e a Concellería de Cultura de Gondomar.

Anuncios