Sin categoría

Anxo Uzal e Diego Otero participarán este fin de semana no Torneo Internacional Jóvenes Promesas

Os deportistas baioneses Anxo Uzal e Diego Otero, do Club de Loita Sabarís, participarán este fin de semana no Torneo Internacional Jóvenes Promesas que terá lugar o sábado 22 e o domingo 23 de abril no Pavillón Esperanza Lag de Elche. Ambos os dous participarán na modalidade de Loita Libre Olímpica categoría cadete, Anxo en 54 kg e Diego en 58 kg.

Galicia acude ao Torneo con 3 técnicos, 1 árbitro e 16 deportistas. O bo traballo dos clubs galegos, así como o grupo de tecnificación do CGTD de Pontevedra, fan posible que Galicia sexa una das comunidades que máis deportistas aportan ás seleccións nacionais das categorías cadete e júnior.

O Torneo Internacional Jóvenes Promesas é a cita máis importante para as categorías previas á absoluta das Loitas Olímpicas. Tras esta competición, os deportistas participarán na concentración internacional nas instalacións do Centro de Tecnificación Deportiva de San Javier (Murcia) do 24 ao 28 de abril.

Destas dúas actividades sairán os deportistas que representarán a España nas citas continentais e mundiais deste ano 2017.