Operarios de Conservación de Carreteras levan a cabo durante esta semana a mellora da accesibilidade á Ladeira coas obras para dar continuidade ao paso de peóns que comunica as avenidas Foz do Miñor (PO-552) e José Pereira Troncoso. O Concello de Baiona cursara a petición a través da Xunta de Galicia para que mellorara a entrada peonil que atopábase sen conexión.
Os concelleiros de Vías e Obras, José Ángel Bahamonde, e Accesibilidade, Policarpo Vilar, respectivamente, visitaron este martes os traballos que se están a levar a cabo na zona para construír un tramo de beirarrúa, cunha anchura mínima de 1,5 metros, e a instalación da varanda. Ao remate da obra, o paso quedará conectado coa beirarrúa que desemboca na rúa Foz do Miñor, á altura da avenida José Pereira Troncoso, e tamén haberá paso directo ata ao paseo e carril bici que percorren toda a zona dende A Ramallosa ata a Vila.
Nas últimas semanas, moi preto do mesmo lugar, xa se realizaron outras obras en Sabarís, no cruce do Camiño das Monxas coa estrada PO-552, para adaptar o paso de cebra rebaixando a beirarrúa e facilitar a mobilidade dos peóns.

