O Concello de Gondomar abre a convocatoria para a provisión por libre designación do posto de traballo de Xefe do Corpo da Policía Local. O complemento específico anual fixado para este posto é de 10.568,16 euros.
Poderán participar funcionarios de carreira que teñan a máxima categoría do cadro de persoal do corpo de Policía do Concello, ou entre funcionarios de carreira dos corpos de Policía Local doutros Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre e cando pertenzan a unha categoría igual á da praza que se vai a proceder a cubrir e cumpran os requisitos do posto de traballo.
As solicitudes presentaranse polos interesados no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (publicado en data 15/04/2017), facendo constar que reúnen os requisitos esixidos nas bases da convocatoria e na normativa vixente.
Estas instancias, solicitando tomar parte no proceso selectivo, dirixiranse ao Alcalde e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello debidamente redactadas, xunto cunha fotocopia do DNI e un currículo, acompañado dos documentos xustificativos dos requisitos esixidos, así como dos méritos que se aleguen, mediante certificacións ou fotocopias compulsadas.
Xunto coa instancia deberá acreditarse o pago da taxa correspondente, 34,54 euros para o Grupo A2 e 25,98 euros para o Grupo C1.

