O Concello de Nigrán tramita solicitudes para o Programa de Campamentos da Xunta

O Concello de Nigrán informa que xa está aberto o prazo de solicitude para o Programa Campaña de Verán 2017 (campamentos) organizados pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Os campamentos están destinados a mozos e mozas nados entre os anos 1999 e 2008. O período de inscrición remata o día 2 de maio. Para máis información e/ ou presentación de solicitudes as persoas interesadas poden dirixirse á OMIX de Nigrán situada na Estrada pola Vía, 65 (antiga estación do tranvía) Panxón, Tlf: 986 383 081.

Anuncios