Sin categoría

Gran éxito da I Festa dos Callos de Sabarís

Centos de persoas achegáronse este fin de semana ata o torreiro da rúa José Pereira Troncoso de Sabarís para gozar da I Festa dos Callos organizada pola Asociación de Veciños Castro e Ladeira. Desde as 10 da mañá ata as 10 da noite, veciños e visitantes puideron degustar ademais dos callos, outros produtos como polbo, churrasco ou empanada. Tamén houbo inchables para os máis pequenos e música en directo.