A AD Vincios triunfa nos Campionatos Galegos de Tenis de Mesa celebrados en Narón

FOTO: AD VINCIOS

Bo balance para a Agrupación Deportiva Vincios nos Campionatos Galegos de Tenis de Mesa celebrados no Pavillón da Solaina en Narón esta semana Santa. Desde o 11 ata o 16 de abril desenvolvéronse os campionatos autonómicos nas categorías benxamín, xuvenil, alevín, sub-23, sénior, infantil e veteranos.

Por quipos, o club gondomareño proclamouse campión nas categorías xuvenil masculino, sub-23 masculino e infantil masculino, ademais de conseguir un terceiro posto en infantil feminino.

En modalidade individual, Martín Pintos proclamouse campión en sub-23 e Simón Casal en infantil. Andrés Torres foi subcampión en xuvenil e Luisa Pintos e Luis Güell finalizaron en terceira posición, en infantil feminino e masculino respectivamente.

En dobres, Simón Casal e Nicolás González foron campións en infantil, categoría na que Luis Güell e Pedro Bodega ocuparon o terceiro posto do podio. Luisa Pintos e Laura Rodríguez, do Cinania TM, foron subcampioas en infantil feminino e Martín Pintos proclamouse subcampión en sub-23 xunto con Marcelino Bahamonde do Sociedade Liceo de Noia. Terceiros foron Simón Casal e Manuel Monterroso, do Sociedade Liceo de Noia, en xuvenil, e Javier Güell e Cosme Fernández en benxamín.

Ata Noia desprazáronse Cosme Fernández, Javier Güell, Andrés Torres, Mario Cebreiro, Nicolás González, Simón Casal, Guillermo Casas, Inés Vázquez, Lucía Graña, Natalia Fernández, Martín Pintos, Mario Cebreiro, Luisa Pintos, Nicolás González, Luis Güell, Fernando Bargiela, Pedro Bodega e Luisa Barreiro.