O sábado 13 de maio celebrarase a primeira edición da marcha MTB Bicivoadores Val Miñor, con carácter non competitivo e saída e chegada nas proximidades da Rúa Barreiros, en Nigrán, organizada polo Club Deportivo Bicivoadores Val Miñor.
A participación na marcha é libre, sendo a idade mínima para participar de 16 anos cumpridos antes do 13 de maio ata un límite máximo de 300 participantes.
A inscrición anticipada pecharase o 10 de maio ás 23:59 horas ou no momento que se chegue ao número máximo de participantes. As inscricións poden realizarse a través da web http://www.championchipnorte.com, e os dorsais recolleranse o día anterior no Centro Cultural A Camoesa de 18:00 a 20:00 horas ou o mesmo día da proba na saída de 8:00 a 9:00 horas.
A marcha terá un custo de 10 euros con seguro incluído tanto para os Federados como non Federados, dos que se doará 1 euro á investigación da enfermidade von Hippel-Lindau, denominada enfermidade rara canceríxena.
Tamén haberá unha andaina gratuíta.

